jueves, 26 de junio de 2014

DESFRUTANDO DO PATIO!

Os últimos días de cole xogamos moito no patio, aproveitando o bo tempo que nos acompañou.
Mirade que guapos/as estamos!


GRADUACIÓN

Despois de tres aniños correteando polos pasillos de infantil Os Mamuts cambian de edificio, van para o de maiores.
Antes tocou graduarse, poñer o birrete e recoller os seus merecidos diplomas e orlas. Foi un día moi especial para eles, desfrutaron un montón.
Grazas a todos por acompañalos nese momento tan importante!


sábado, 21 de junio de 2014

SIMPLEMENTE GRAZAS POR UN CURSO TAN MARABILLOSO!
BOTAREIVOS DE MENOS, QUÉROVOS MOITO MAMUTS!
UN BIQUIÑO!

lunes, 16 de junio de 2014

CUMPLE HÉCTOR E JULI

Hoxe celebramos o sexto aniversario dos nosos amigos Héctor e Juli. Foi unha festa adiantada xa que non cumpren ata verán...pero, non podían quedar sen o noso tirón de orellas. Gracias amigos pola deliciosa tarta e pola bolsa de chuches.
Moitas felicidades amiguiños!


domingo, 8 de junio de 2014

ENTREGAMOS AS INVITACIÓNS!

Xa queda pouquiño para a nosa graduación, estamos moi nerviosos, sabemos que é un paso importante para nós...
O venres entregamos as invitacións. Queremos estar rodeados de todos os que durante tres aniños en Infantil fixeron que desfrutáramos tanto. Así que, profes, Dodos, Tigres e  familias esperámosvos o xoves 19!





EXPERIMENTAMOS!

O venres no momento da asamblea fixemos un experimento. Presenteilles aos nenos uns caraveis e colorante alimenticio. Primeiro falamos un pouquiño das partes da planta, do que precisan para vivir...
Continuamos co experiemento en sí, botamos auga en tres vasos, a cada vaso botámoslle colorante dunha cor e puxemos dentro os caraveis... Pregunteilles, QUE LLES OCURRIRÁ AOS CARAVEIS?
Xaquín dixo que morrerían, Pablo que cambiarían de cor... Quedamos coa dúbida ata que o longo da mañán vimos como os caraveis iban amosando a cor da auga que absorben.
Desfrutamos moito da actividade, mirade, mirade:



MELLORES LECTORES DE MAIO

Os mellores lectores do mes que acabamos de rematar son ENRIQUE E HÉCTOR, noraboa polo interese antes os contos...

Xa sabedes:
Un conto, unha aventura!
Un conto, un tesouro!



jueves, 5 de junio de 2014

DUDA, A CURUXA!

Onte tivemos unha visita moi especial, un cetrero e a súa amiga, A CURUXA DUDA!
Despois do recreo todos os nenos/as do cole fomos para a pista verde a disfrutar da exhibición. Houbo un problemiña, eramos tantos que Duda estaba avergoñada e marchou da nosa vista!

O cetrero despois foinos visitando polas aulas. Alí escoitamos atentamente a explicación, puidemos tocala e observar de cerca como era. Cantas cousas descubrimos!
Mirade as fotos e veredes o entusiasmados que estabamos coa visita!


DE CELEBRACIÓN!

Onte a nosa amiga Sonia cumpriu 6 anos. Festexámolo cunha pequena festa, saboreando un riquísimo biscoito e cantándolle o parabéns! De agasallo deunos unha bolsa chea de chuches, moitas grazas.
Felicidades pitufiña!







miércoles, 28 de mayo de 2014

TWISTER

Durante estes últimos días estivemos traballando a LATERALIDADE con distintas actividades, sen dúbida, coa que máis disfrutamos foi co xogo do twister...
Pé dereito no azul, man esquerda no vermello, QUE LÍO!
Fixérono xenial!
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!









XAQUÍN XA TEN SEIS ANOS!

O venres pasado celebramos o cumple do noso amiguiño Xaquín. Para a festa trouxonos un rico biscoito e uns zumes, como nos puxemos!
MOITOS PARABÉNS!


jueves, 22 de mayo de 2014

OS VERMIÑOS ENCASULARON!

Cada maña, ao chegar o cole, o primeiro que facemos e ver os nosos amigos, os vermiños!
Pois si que era certo... Pasaron o tempo comendo e crecendo. Despois de ver como cambiaron de muda, comezaron a facer o casulo. Aquí estarán un tempiño durmindo, mentres ocorre a metamorfose. Pronto poderemos ver como saen convertidos en preciosas bolboretas.
Algúns non fixeron a casula, pasaran a seguinte fase á vista!

Mirade, mirade... Nós sempre o facemos abraiados!




miércoles, 21 de mayo de 2014

CONCURSO MARCAPÁXINAS!

Onte tivemos unha visita moi especial, o Alcalde. O motivo da súa visita foi agasallar aos gañadores do concurso de marcapáxinas proposto polo concello. ESTELA foi a premiada, NORABOA PITUFA, fixeches un traballo precioso.
Como agasallo recibiu varios contos.
Mirade as fotos, Estela estaba nerviosísima!
Agardando ao Alcalde


Recibindo o premio


Que regalo máis chuli!

martes, 20 de mayo de 2014

EU NON FUN!

No festival adicado as Letras Galegas Os Mamuts representamos o conto de kalandraka "EU NON FUN!". Despois de moitos ensaios e chegado o esperado día fixémolo xenial. Déixovos as fotos e o vídeo, para os que non o puiderades ver ou simplemente para recordalo.
Grazas as familias pola vosa colaboración e aos peques soamente dicirlles NORABOA!



domingo, 18 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: MENUDOS PREMIOS!

O mércores pola tarde, despois de ver a actuación de Anxo Moure, entregáronse os premios do certame literario e da carreira pola lingua. Os Mamuts presentamos para o certame literario, na modalidade de debuxo, unhas fantásticas obras imitando a pintora galega Maruja Mallo e a súa obra "Máscaras con mariposas". Pola nosa participación na carreira pola lingua e no certame literario tivemos uns agasallos: tres contos, unha goma e unha corda para saltar. Estela e Sergio foron os encargados de subir a recoller os merecidos agasallos. Ao chegar a aula, tocou abrilos, que emoción cando vimos de que se trataban!
MÁSCARAS CON MARIPOSAS DE MARUJA MALLO

martes, 13 de mayo de 2014

PLANTAMOS NA HORTA DO COLE!

O venres pasado estivemos traballando na horta do cole, convertímonos en agricultores por un día! Coa axuda dos profes Vero, Xaquín e Chus plantamos cenorias. Primeiro botamos as sementes, de seguido regámolas para que crezan moito.
Nos próximos días iremos ver como van crecendo!
Mirade!



MELLORES LECTORES

Noraboa a FERNANDO e ESTELA. Son os mellores lectores do mes de abril. Conseguírono polo seu interese e motivación ante as actividades onde os contos son os protagonistas!
Quen acadará este título no mes de maio?

sábado, 10 de mayo de 2014

CUMPLE NURIA

O mércores celebramos o cumple de Nuria, xa ten 6 aniños, toda unha chica. Para a festa que celebramos no cole trouxonos un biscoito con chuches, que bo estaba!! Como non, cantámoslle o parabéns e tirámoslle das orellas! Mirade que ben o pasamos!

miércoles, 7 de mayo de 2014

CUMPLE ENRIQUE!

O noso amigo Enrique estivo de cumple o luns 28. Para celebralo trouxonos un biscoito boísimo e unhas piruletas, moitas grazas amigo!
Pasámolo pipa, cantámoslle o cumpreanos feliz e levou un bo tirón de orellas.
E que cumpras moitos máis...








domingo, 4 de mayo de 2014

SEMANA DO LIBRO

Para pechar a semana do libro o venres 25 de abril pasamos unha tarde moi divertida cos nosos padriños. Si, si, como escoitades, por un día os nosos amigos de primaria convertíronse nos nosos padriños. Cada un de nos tivemos un padriño/madriña que nos contou un conto. Ademáis de agasallarnos cunha preciosa historia déronnos un oviño de chocolate. Que sorte tivemos!

miércoles, 23 de abril de 2014

SOÑO COS NÚMEROS!

Nen@s e familias déixovos as fotos do traballo feito no segundo trimestre, soño cos números!
Mirade que ben o pasamos e canto aprendemos!



NOVOS COMPAÑEIROS DE VIAXE!

Hoxe ao chegar o cole... SORPRESA!.... Tíñamos novos compañeiros na clase, uns vermiños de seda!

Falamos sobre eles. Nacen de ovos na primavera e solo comen moreira, pasan o día comendo e crecendo e cando xa son grandes fan un casulo de seda. Alí quedan un tempiño mentras sucede algo máxico...convértense en fermosas bolboretas! 

Que entusiasmados estivemos mentras coñecíamos a historia dos vermiños... Agora tócanos coidalos moi ben para poder ver a súa transformación día a día.



OVOS DE VERMES (OS GRISES ESTÁN FECUNDADOS)