O venres celebramos a día da árbore.
Pola mañá na asemblea falamos da nova estación, a Primavera, e tamén da importancia das árbores.
Pola tarde e coa axuda da profe Chus saímos ao patio a plantar unha Loropetalum Chinesa.
O profe Xaquín deixounos feito o oco que tivemos que encher cun pouco de terra xa que era moi grande, despois colocamos a planta e seguimos botando terra até cubrir o oco; por último fomos a por auga para regala. Aproveitamos para regar tamén outras plantar que estaban ao redor.
Como nos gustou converternos en xardineiros e xardineiras por un tempiño!
lunes, 24 de marzo de 2014
lunes, 17 de marzo de 2014
PINTURAS ABSTRACTAS
Kandinsky foi un pintor en maiúsculas da época moderna. As súas creacións eran abstractas aspecto que motivou e produciu interese aos nenos/as preguntando: que significa abstracto?.
Vimos varias obras e as comentamos... Falamos dos elemento que aparecen nelas, círculos, puntos e liñas e das cores vivas que usaba o pintor.
Co obxectivo de desenvolver a creatividade nos pequenos/as cada un fixo a súa propia obra... Mirádeas e aventarádevos a dicir o que pintamos...
Seguiremos traballando con este pintor...jueves, 13 de marzo de 2014
MOCHILA VIAXEIRA
A mochila viaxeira xa rematou a súa primeira aventura por tódalas casas
dos Mamuts, xa fomos todos os protagonistas da semana.
Nesta segunda volta o obxectivo é investigar sobre o fascinante mundo dos Dinosauros e que sexan os nenos/as os que lles conten os seus compis o que aprenderon e descubriron.
Levaron xa a mochila nesta segunda aventura Sonia, Helena e Sergio.
Sonia explicounos que a palabra dinosauro significa "Terrible Lagarto", falounos de onde vivían e das características do Allosaurus.
Pola súa banda Helena explicounos as partes do corpo destes animais e do Triceraptor, entre outras cousas contounos que ten un colar de osos o redor do pescozo que o utilizaba para pelexar.
Sergio investigou sobre as partes do corpo que utilizan os dinosauros para defenderse, tamén nos falou das características do Tyranosauros Rex; o que máis nos chamou a atención foi saber o tamaño dos seus dentes. Fixemos un a tamaño real con plastilina, quedamos abraiados comparándoo cun noso.
Que nos contará Hector para a próxima semana?
viernes, 7 de marzo de 2014
MELLORES LECTORES FEBREIRO
Este mes de febreiro pola súa motivación e interese polos contos os mellores lectores son SERGIO e XAQUÍN!
miércoles, 5 de marzo de 2014
E POR FIN... VENRES DE ENTROIDO!
Chegou o día sinalado, os labartapedra puxemos os nosos disfraces de cavernícolas e desfilamos até o instituto co resto dos nosos compañeiros do cole. Alí fumos moi ben recibidos; degustamos postres típicos de entroido, xogamos e escoitamos a un grupo de gaiteiros.
Mirade o guapos/as que estabamos e o ben que o pasamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)